O CONCELLO CELEBRARÁ O DÍA DAS LETRAS GALEGAS CUN CONCERTO DO CANTAUTOR GALEGO TINO BAZ O DÍA 19 DESTE MES

O Concello de Lourenzá celebrará o Día das Letras Galegas cun concerto de Tino Baz o sábado 19 deste mes de maio.

O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, anunciou que “o cantautor galego Tino Baz ofrecerá un concerto no salón de actos do Concello de Lourenzá o sábado 19 de maio ás 20 horas. Tino Baz é un coñecido cantautor e músico de A Guarda (Pontevedra) que formou parte de grupos tan recoñecidos como A Roda e Treixadura. Actuou na clausura da primeira edición das Xornadas de Historia Local que se celebrou en xaneiro de 2017 na Fortaleza de Tovar”.

Este acto, que servirá para conmemorar o Día das Letras Galegas, está organizado pola Concellería de Cultura e subvencionado pola Deputación Provincial de Lugo a través do Plan Único.

 

O CONCELLO CELEBRARÁ O DÍA DAS LETRAS GALEGAS CUN CONCERTO DO CANTAUTOR GALEGO TINO BAZ O DÍA 19 DESTE MES