O CONCELLO COLABORA CO BANCO DE LIBROS DE TEXTO DO CEIP JUAN REY E COAS SAÍDAS CULTURAIS PROGRAMADAS POLO CENTRO

O Concello de Lourenzá colabora co CEIP Juan Rey para completar o banco de libros de texto e así permitir que todos os alumnos e alumnas do centro poidan ter acceso a eles de gratuitamente. Ademais axuda economicamente para as saídas culturais programadas polo colexio.

O edil Manuel Arango explicou que “por segundo ano a Concellería de Educación de Lourenzá colabora co CEIP Juan Rey da localidade para completar o banco de libros de texto e, desta maneira, posibilitar que todos os alumnos e alumnas do centro que participan no sistema de préstamo teñan acceso aos libros de maneira gratuíta. Lamentamos que a administración educativa do Partido Popular non lexisle neste senso e que todas as familias galegas teñan acceso aos libros gratuitamente en toda a etapa obrigatoria do ensino”.

O concelleiro de Educación engadiu que “tamén por segundo ano consecutivo o Concello de Lourenzá colaborará cunha achega económica para as saídas culturais programadas polo colexio público”.