O CONCELLO CONMEMORA O DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO CON VARIOS ACTOS ESTE VENRES 25

O Concello de Lourenzá conmemora o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero con varios actos este venres día 25.

As actividades comezarán ás 10 da mañá coa colocación dun lazo malva no balcón da Casa do Concello. E ás cinco da tarde no salón de actos municipal haberá unha charla “de costura emocional, remendando a autoestima, tecendo historias e enfiando a visibilidade”. Ademais todos e todas as que queiran poden deixar a súa mensaxe sobre a violencia de xénero na Árbore dos Desexos, situada na entrada da Casa do Concello.

A alcaldesa, Rocío López, fai un chamamento “á sensibilización coas vítimas que sofren algún caso de violencia e invita a todos os veciñ@s a participar é sumarse a estes actos programados para o venres. Debemos entre todos condenar calquera tipo de violencia e fomentar modelos alternativos de convivencia baseados na educación, no respecto e na igualdade”.

E a concelleira de Servizos Sociais, Mercedes Dengra, explica que “a violencia non é un problema alleo á nós” e alerta de que “son moitas as mulleres que o padecen en silencio, ás veces por medo a sentirse desamparadas. Esta é unha tarefa de tod@s, de cada unha das persoas que integramos a sociedade. Non debemos permanecer calados, é preciso concienciarnos da existencia desta realidade e actuar contra ela”.

O CONCELLO CONMEMORA O DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO CON VARIOS ACTOS ESTE VENRES 25