O CONCELLO CONTRATARÁ A DÚAS PERSOAS PARA REFORZAR O SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

O Concello de Lourenzá contratará a dúas persoas para reforzar ao servizo de axuda no fogar.

A alcaldesa, Rocío López, anunciou hoxe que “o Concello de Lourenzá vai contratar nos vindeiros días a dúas persoas para reforzar a prestación do servizo de axuda no fogar. Os interesados en optar a estas prazas poderán anotarse no Servizo Público de Emprego de Galicia ata o día 6 de febreiro. Os postos ofertados son dous auxiliares de axuda no fogar, con carácter de persoal laboral temporal, a tempo parcial por un período de 6 meses”.

A rexedora engadiu: “esperamos deste xeito poder reforzar e mellorar a calidade do servizo prestado e atender dun xeito máis eficiente aos usuarios”.