O CONCELLO CONVOCA UN CONCURSO DIRIXIDO A ESCOLARES DE INFANTIL E PRIMARIA PARA ELABORAR O CARTEL DA CABALGATA DE REIS 2016

O Concello de Lourenzá organiza un concurso para elaborar o cartel da Cabalgata dos Reis Magos 2016, certame que vai dirixido aos escolares de educación Infantil e Primaria do municipio.

O prazo para a presentación dos carteis rematará o día 18 de decembro e deberá efectuarase na Biblioteca Municipal de Lourenzá. Establécese un único premio, que consistirá nunha cámara fotográfica, que será entregada ó gañador ou gañadora do concurso o día 23 de decembro nun acto público. O cartel gañador será o que se utilice para anunciar a Cabalgata dos Reis Magos 2016.

A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, anima “a tódolos nenos e nenas de Infantil e Primaria do concello a participar neste concurso e a plasmar na cartolina as súas destrezas e habilidades co debuxo. O cartel da Cabalgata Reis Magos 2016 mostrará o reflexo da ilusión, da alegría e da fantasía dos quen son os verdadeiros protagonistas dese día: os nenos e nenas do concello de Lourenzá. O que pretendemos con este concurso é conseguir un cartel representativo dos sentimentos e das sensacións que teñen os nenos na festividade dos Reis Magos”.

Descargar bases en PDF