O CONCELLO DE LOURENZÁ CONVOCA UNHA REUNIÓN INFORMATIVA PARA O VINDEIRO XOVES DIRIXIDA A MAIORES DE 18 ANOS QUE DESEXEN PARTICIPAR NUN GRUPO DE ESTUDO PARA PREPARAR AS PROBAS DE ACCESO AO TÍTULO DE GRADUADO EN ESO

O Concello de Lourenzá colabora co proxecto organizado pola entidade coruñesa Espacio Garabatos. Con el, pretende organizar na propia vila laurentina, un grupo de estudo de entre 12 e 15 persoas maiores de idade que desexen prepararse para concorrer ás probas de obtención do título de Graduado en ESO. Para dar a coñecer a iniciativa, o Concello organiza este xoves, 23 de outubro, unha reunión informativa no salón de actos da Casa Consistorial a partir das 20:00 horas.

A concelleira de Educación, Lupe Flórez Seivane, afirmou que “dende o noso Concello, e conscientes como somos da necesidade que hoxe en día hai de ter unha certa titulación para acceder a determinados postos de traballo, facilitamos unha charla informativa o vindeiro xoves, 23 de outubro, ás 8 da tarde no salón de actos do Concello. Nela a entidade Espacio Garabatos das Pontes, na provincia da Coruña, vai ofrecer a todas aquelas persoas laurentinas maiores de 18 anos, a posibilidade de formar un grupo de estudio onde reciban clases para despois poder acceder aos exames de obtención do título de Educación Secundaria Obrigatoria”.

A edil popular engadiu que “se formamos un grupo mínimo de 12 ou 15 persoas, estas terán a posibilidade de recibir esas clases no noso propio Concello. Tamén creemos que é interesante para a xente de concellos limítrofes non ter que desprazarse a lugares afastados para recibir esas clases e finalmente poder acceder á convocatoria de obtención do título de ESO para maiores de 18 anos”.

 

O CONCELLO DE LOURENZÁ CONVOCA UNHA REUNIÓN INFORMATIVA PARA O VINDEIRO XOVES DIRIXIDA A MAIORES DE 18 ANOS QUE DESEXEN PARTICIPAR NUN GRUPO DE ESTUDO PARA PREPARAR AS PROBAS DE ACCESO AO TÍTULO DE GRADUADO EN ESO