Tendo en conta a evolución da pandemia e ante a posibilidade dun novo repunte de contaxios, o equipo de goberno de Lourenzá decidiu aprazar ata a primavera ou o outono a realización das IV Xornadas de Historia Local, que tiña previsto desenvolver en febreiro.
O edil de Cultura, Manuel Arango, explica: “cremos que sería unha irresponsabilidade celebras as xornadas nestes momentos, vendo o avance da pandemia tanto en Galicia como na Mariña. Estamos traballando para poder levalas a cabo en canto mellore a situación sanitaria e volvamos a unha nova situación de certa normalidade”.