O CONCELLO DESTACA O ROTUNDO ÉXITO DE PÚBLICO E PARTICIPANTES NO DESFILE DE ENTROIDO CELEBRADO ONTE

Lourenzá, 23 de febreiro de 2015. A concelleira de Cultura en Lourenzá, Lupe Flórez Seivane, fixo hoxe un balance moi positivo do desfile de Entroido celebrado onte, coa organización da asociación de comerciantes, industriais e autónomos de Lourenzá e o Concello.

“A xornada de onte, Domingo de Piñata, no noso concello foi un éxito rotundo de público e participantes, que se viu en certa medida acompañado por unha climatoloxía favorable, xa que a chuvia perdoou durante o desfile e mesmo nalgúns momento chegou a lucir o sol. Isto fixo que un gran número de persoas inundara as rúas da nosa vila, tanto para participar no desfile como para asistir como público”, explicou Lupe Flórez.

A concelleira de Cultura engadiu que “dende o Concello, aparte da enorme participación que ano a ano desborda as previsións que facemos tendo en conta as anotacións da edición anterior, tamén queremos facer unha valoración positiva do comportamento da xente que asistiu. Noutras ocasións tivemos certos problemas de tráfico e aparcamento, pero nesta non houbo maiores dificultades. Queremos dar as grazas de maneira importante a aqueles voluntarios de Protección Civil, tanto da agrupación local de Lourenzá como do concello veciño de Mondoñedo e da agrupación da Fonsagrada, así como aos operarios do Concello que colaboraron de maneira desinteresada para que esta xornada se desenvolvera sen maiores dificultades e que todo o mundo que veu a Lourenzá puidese pasar unha tarde agradable gozando do noso desfile. Tamén queremos destacar dende o Concello a presenza dun xurado diverso, que sempre facilita que os premios sexan dados da maneira máis obxectiva posible, polas diferentes procedencias dos membros do xurado. Estivo composto por membros das áreas de Cultura, tanto concelleiros como animadores socioculturais, técnicos de Cultura, bibliotecarios, etcétera, dos seguintes concellos: Abadín, Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Valadouro, Foz, Vicedo, Ourol e Xove. E no caso de Lourenzá asistín eu, como representante da área de Cultura”.

Flórez Seivane rematou salientando “a presenza diversa de participantes que ano a no chega a sorprendernos. Á hora de recoller os premios pregúntaselles aos galardoados cal é a súa procedencia, resultando moi diversa: tivemos participantes e gañadores de toda A Mariña, dende Viveiro de toda a franxa costeira ata Ribadeo, e tamén do interior da nosa provincia, como da zona da Terra Cha, de Lugo, etcétera. Ademais houbo participantes da provincia da Coruña, pois un grupo gañador era de Cariño, e da comunidade veciña de Asturias: de Vegadeo, Tapia e ata mesmo unha parella de Xixón”.

Ver listaxe de premios do Desfile de Entroido