O CONCELLO DESTINA 7.500 EUROS PARA SUBVENCIONAR AS ACTIVIDADES CULTURAIS PROMOVIDAS POLAS ASOCIACIÓNS

Na última reunión Xunta de Goberno Local do Concello de Lourenzá aprobáronse as Bases da Convocatoria de Subvencións Municipais a asociacións do concello para a realización de actividades culturais durante o ano 2023. O importe a repartir entre as distintas asociacións será de 7.500 euros, aumentando así en 1.500 euros a cantidade concedida en anos anteriores.

O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, anuncia que nos próximos días esta convocatoria aparecerá publicada no BOP (Boletín Oficial da Provincia) e a partir dese momento ábrese un prazo de vinte días naturais para poder presentar a solicitude e a documentación requirida.