Lourenzá, 24 de agosto de 2013. O Concello de Lourenzá encargouse da restauración dos seis cabezudos que acompañan tradicionalmente ós Cocos nas festas do Conde Santo. Os festexos de Vilanova recupéranse este ano despois de non celebrarse no 2012.
A alcaldesa, Emma Álvarez Chao, destacou que “este ano recupéranse as festas grazas á asociación Conde Santo, creada para organizar os festexos, que se van celebrar do 30 deste mes de agosto ao 2 de setembro. Como é tradicional durante eses días sairán a rúa varias veces os cabezudos, que acaban de ser restaurados por parte do Concello, acompañando aos Cocos”.