O CONCELLO ESTÁ ROZANDO 50 QUILÓMETROS DE PISTAS FORESTAIS NAS CATRO PARROQUIAS DO MUNICIPIO PARA PREVIR INCENDIOS NOS MONTES.

Lourenzá, 11 de xullo de 2013. O Concello de Lourenzá, a través dun convenio coa Consellería de Medio Rural, está rozando 50 quilómetros de marxes de pistas forestais nas catro parroquias do municipio para previr incendios nos montes.

O concelleiro de Obras, Dino Vidal, explicou que “o obxecto da actuación de conservación e mellora das pistas forestais é manter a rede de vías en boas condicións e dotar ao monte dunha boa defensa fronte aos incendios”. Tamén aclarou que nesta actuación “dáselle prioridade a aquelas pistas cuxa situación é clave para a extinción en caso de producirse un lume e a aquelas que se atopan en peores condicións”.

Para estes traballos a Consellería de Medio Rural aporta 2.875,60 euros e o Concello laurentino inviste 3.174,40.