O Concello de Lourenzá fixo públicos hoxe, martes, os premiados no concurso das Letras Galegas convocado pola biblioteca pública municipal.
No apartado de narración son: Lidia Díaz Ventoso, Daniela Yáñez Lorenzo, Henar Méndez Piñeiro, Claudia Carril Cabaleiro, Adriana Polo González, Chayma Amernis Talhimt, Mario Moirón Martínez, Adriana González de la Barrera e Nerea Álvarez Valea.
E en debuxo os premiados son: Sara Khaled, Sergio García Barreira, Henar Méndez Piñeiro, Adriana Polo González, Claudia Carril Cabaleiro, Carlos Docampo Iglesia, Mario Moirón Martínez, Nerea Andión Pérez e Safae Tazaghart.
O Concello de Lourenzá felicítaos e deséxalles moita sorte na fase provincial. Ademais anuncia que en breve se lles comunicará a data da entrega de premios.