Lourenzá, 3 de xuño de 2.016. O Concello de Lourenzá felicita ao equipo feminino infantil de patinaxe das escolas deportivas municipais por proclamarse subcampión provincial.
A Concellería de Deportes de Lourenzá quere dar os parabéns e felicitar ás integrantes do equipo feminino infantil de patinaxe das escolas deportivas municipais así como a súa monitora, Tania Irimia, polo seu recente éxito en Xove, onde se proclamaron subcampioas provinciais desta disciplina.
O Concello seguirá apostando polo deporte en Lourenzá e, en concreto, por estas rapazas para que sigan demostrando o seu bo facer sobre os patíns.