O CONCELLO INICIARÁ NOS PRÓXIMOS DÍAS OBRAS DE MELLORA EN VARIOS VIARIOS MUNICIPAIS DAS PARROQUIAS DE SAN ADRIANO, SANTO TOMÉ E SANTA MARÍA CUN INVESTIMENTO TOTAL DE 57.000 EUROS

O Concello de Lourenzá iniciará nos próximos días obras de mellora en varios viarios municipais das parroquias de San Adriano, Santo Tomé e Santa María cun investimento total de 57.000 euros.

A alcaldesa, Rocío López, anunciou hoxe que “o investimento total que se vai a levar a cabo no mantemento destes viarios municipais cifra os 57.063 euros, dos cales 45.650 corresponden a unha achega da Deputación de Lugo con cargo ó Plan Provincial de Cooperación de Obras e Servizos mentres que o Concello destina un total de 11.413 euros de fondos propios”.

A rexedora municipal explicou que “o Concello está a facer o seu traballo tal e como se comprometeu no seu día. Temos unha rede viaria moi extensa e a escaseza de recursos dificulta que poidamos actuar de inmediato en toda ela. Pero pouco a pouco imos cumprindo co noso obxectivo e grazas a axudas coma esta podemos ir acondicionando os nosos viarios. Somos conscientes de que aínda queda moito traballo por facer e moitas pistas por arranxar no municipio. Cando os recursos son escasos e necesario priorizar necesidades e ter unhas estradas en boas condicións de acceso e transito é, sen dúbida, fundamental. Por iso centramos a nosa política de traballo nesa dirección e esperamos ir chegando a tódolos barrios para mellorar as condicións nas que se atopan os seus camiños”.

Rocío López especificou que “os traballos previstos inclúen actuacións nas parroquias de San Adriano (barrio de Ríos), Santo Tomé (O Cal e Castiñeiras Verdes) e Santa María (camiño da Tilleira cara a San Xusto). Fai uns meses, a través do Plan Marco da Xunta, tamén se acondicionaron camiños na parroquia de San Xurxo”.

A alcaldesa considera que estas actuacións son “prioritarias e fundamentais para mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas, xa que permiten mellorar as infraestruturas básicas e os equipamentos públicos”.