O CONCELLO LEVA A PELÍCULA O QUE ARDE A TODAS AS PARROQUIAS DO MUNICIPIO

Lourenzá, 7 de decembro de 2020. Dentro do programa de actividades de dinamización das parroquias, o Concello de Lourenzá, en colaboración coa Deputación Provincial de Lugo, proxectará en todas as parroquias do municipio o filme O que arde, de Óliver Laxe.

O calendario é o seguinte: o venres día 11 ás 20:30 horas na escola de San Adriano; o sábado 12 ás 20:00 horas no Salón de Actos do Concello; o venres 18 ás 20:30 horas no Centro Social de San Xorxe; e o sábado 19 ás 20:00 horas no pavillón polideportivo de Santo Tomé.

O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, explica que “o aforo será limitado polo que deben reservarse as entradas, que serán gratuítas, a través do teléfono do Concello (982.12.10.06), en días laborables de 10 a 13 horas e de 17 a 20 horas. Será obrigatorio o uso de mascarilla, haberá xel hidroalcohólico a disposición do público e gardaranse as distancias de seguridade”.

 

O que arde