Lourenzá, 20 de abril de 2013. O Concello de Lourenzá rematou as obras para a mellora de varias estradas e rúas do municipio, actuacións nas que se investiron un total de 28.411 euros dentro do Plan de Cooperación da Deputación Provincial de Lugo.
O concelleiro de Obras, Dino Vidal, explicou que “estaban incluídas as obras de asfaltados no Bordón e Paizás e tamén bacheos nos accesos ao campo de fútbol, á Tilleira, ao Ramalledo e á estrada de Cabarcos. Ademais fíxose o aglomerado en semiquente, por primeira vez dentro do casco urbano, na rúa Obispo Roel e na Gracia, na zona da Feiravella. A Deputación Provincia de Lugo fixo unha inversión de 12.705,88 euros e o Concello investiu 15.705,88 euros, polo que o importe total foi de 28.411,76 euros”.
Dino Vidal manifestou que “con isto demóstrase que o grupo de goberno preocupase por mellorar os viais dentro das súas posibilidades”.