O Concello de Lourenzá organiza unha serie de obradoiros de coeducación dirixidos a todo o alumnado do CEIP Juan Rey, tanto de Educación Infantil como de Primaria. Serán unhas 40 sesións a desenvolver do 2 ao 12 de novembro nas instalacións deste centro educativo.
A concelleira de Igualdade, Mercedes Dengra, explica que “a actividade a desenvolver consta de catro tipos de obradoiros, nos que se traballa, con cine, teatro, baile e radio, a erradicación dos estereotipos, a prevención da violencia de xénero e promóvese a resolución de conflitos pacífica”.
Para esta actividade o Concello de Lourenzá conta coa colaboración tanto do Ministerio de Igualdade como da Consellería de Igualdade.
Clic na imaxe para ampliala