O CONCELLO ORGANIZA UN CICLO DE TEATRO CON TRES REPRESENTACIÓNS DURANTE O MES DE NOVEMBRO

O Concello de Lourenzá organiza un ciclo de teatro con tres representacións durante o vindeiro mes de novembro. Esta iniciativa foi presentada hoxe.

A alcaldesa, Rocío López, anunciou que “o ciclo de teatro arrancará o sábado día 5 de novembro coa representación da obra Xubilando a cargo do grupo O Bordelo, de Cervo. O domingo 13 será o grupo A Rabela Teatro de Baralla o encargado de poñer o toque de humor coa obra Balbina a adiviña. E xa para rematar, o domingo día 20 terá lugar a representación da obra Concerto Bucólico, da man do grupo Yázabro. Todas as actuacións serán no salón de actos do Concello ás 20:00 horas”.

A rexedora municipal rematou comentando que “están actuacións forman parte de dous programas teatrais da Deputación Provincial de Lugo: Buxiganga e Circuíto de Teatro Profesional”.

 

O CONCELLO ORGANIZA UN CICLO DE TEATRO CON TRES REPRESENTACIÓNS DURANTE O MES DE NOVEMBRO