O Concello de Lourenzá organiza un concurso de dedicatorias de amor para celebrar San Valentín a través da recentemente creada páxina de facebook da biblioteca pública municipal.
O promotor desta iniciativa é o dinamizador TIC no Concello de Lourenzá, Javier Reigosa Fernández, dentro do proxecto Innova-TE 2 da Deputación de Lugo. Explicou que “no Concello de Lourenzá non había páxina de facebook propio da biblioteca, entón créamola e para fomentar o uso desta páxina convocamos vía facebook para que a xente poña no muro unhas dedicatorias con motivo de San Valentín utilizando uns personaxes típicos de Lourenzá como son os Cocos. Trátase de que os rapaces se metan na pel do Coco e lle manden unha dedicatoria á Coca e que as rapazas se metan na pel da Coca e lle manden unha dedicatoria de amor ao Coco”,
O prazo para poñer as dedicatorias de amor no muro do facebook da biblioteca municipal de Lourenzá empeza hoxe e remata o 14 deste mes, día de San Valentín. O autor ou autora da publicación que consiga máis Me gusta recibirá un agasallo.