O CONCELLO ORGANIZA UN CURSO DE APLICADOR DE FITOSANITARIOS GRATUÍTO PARA OBTER O CARNÉ CUALIFICADO

O Concello de Lourenzá organiza un curso de aplicador de produtos fitosanitarios gratuíto, de 35 horas, para obter o carné cualificado. Os participantes deben ter o carné básico e ser agricultores en activo. Esta actividade formativa está subvencionada pola Consellería do Medio Rural.

A alcaldesa, Rocío López, explicou que “anteriormente neste concello xa organizamos máis cursos desta materia, nos que formaron máis de 100 persoas, pero a novidade deste é que é de nivel cualificado”.

Os interesados poden obter máis información e inscribirse na Casa do Concello de Lourenzá, chamando ao teléfono 982.12.10.06 ou a través da dirección de correo electrónico empregolourenza@gmail.com.

O CONCELLO ORGANIZA UN CURSO DE APLICADOR DE FITOSANITARIOS GRATUÍTO PARA OBTER O CARNÉ CUALIFICADO