O CONCELLO ORGANIZA UN OBRADOIRO DE CESTERÍA PARA NEN@S A PARTIR DE 8 ANOS DE IDADE NA VINDEIRA SEMANA SANTA

Lourenzá acollerá un obradoiro de cestería para nenos e nenas a partir de 8 anos de idade, que se desenvolverá na vindeira Semana Santa, concretamente os días 30 e 31 deste mes e o 1 de abril. O prazo de inscrición rematará o día 26 de marzo.

A concelleira de Educación, Lupe Flórez Seivane, explicou que “nas vindeiras vacacións de Semana Santa vaise desenvolver un obradoiro de cestería dirixido a nenos e nenas a partir de 8 anos, que terá un custo de 8 euros para materiais e que se desenrolará os días 30 e 31 de marzo e o 1 de abril. As prazas son limitadas e polo tanto respectarase rigorosamente a orde de inscrición dos anotados. Somos conscientes de que temos que ter un grupo mínimo de nenos para poder levar a cabo a actividade. O prazo para anotarse finaliza o 26 de marzo, xoves, na biblioteca municipal, como cada vez que organizamos algún tipo de actividade para os máis novos do concello. Calquera persoa interesada pode pasarse en horario de tarde pola biblioteca municipal, onde está situado o Punto de Información Xuvenil, para recibir información máis pormenorizada desta actividade”.

Lupe Flórez rematou comentando que “esta actividade organizada polo Concello está patrocinada pola Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo”.

 

O CONCELLO ORGANIZA UN OBRADOIRO DE CESTERÍA PARA NEN@S A PARTIR DE 8 ANOS DE IDADE NA VINDEIRA SEMANA SANTA