O CONCELLO ORGANIZA UNHA FESTA INFANTIL DE NADAL ESTE VENRES, DÍA 23, NAS NAVES DO MERCADO GANDEIRO. REMATARÁ COA VISITA DE PAPÁ NOEL, QUE TAMÉN IRÁ AO CENTRO DE DÍA PARA MAIORES

O Concello de Lourenzá organiza unha festa infantil de Nadal este venres, día 23, nas naves do mercado comarcal gandeiro a partir das catro da tarde. O evento rematará coa visita de Papá Noel, que tamén irá ao centro de día para maiores.

A alcaldesa, Rocío López, anunciou hoxe que “esta actividade é organizada polo Concello de Lourenzá, a través da Delegación de Cultura, e subvencionada pola Deputación de Lugo. Haberá pintacaras, globoflexia e inchables para que todos os nenos e nenas poidan gozar desta festa. Ó longo da tarde terá lugar tamén a tradicional visita de Papá Noel, que este ano se acercará ata o mercado comarcal gandeiro para repartir caramelos entre todos os nen@s asistentes. Ademais Papá Noel tamén se achegará ao Centro de Día de Lourenzá para visitar aos nosos maiores e pasar un momento agradable na súa compañía”.

O CONCELLO ORGANIZA UNHA FESTA INFANTIL DE NADAL ESTE VENRES, DÍA 23, NAS NAVES DO MERCADO GANDEIRO. REMATARÁ COA VISITA DE PAPÁ NOEL, QUE TAMÉN IRÁ AO CENTRO DE DÍA PARA MAIORES