Lourenzá, 12 de decembro de 2012. O Concello de Lourenzá recuperou este ano a tradición de colocar unha árbore de Nadal xunto á casa consistorial despois de moitos anos sen facelo. Tamén se instalou un pequeno alumeado e nos vindeiros días porase en funcionamento unha megafonía con panxoliñas polas rúas de Vilanova, “todo con moita austeridade pola situación económica que estamos a vivir”, explicou a alcaldesa, Emma Álvarez Chao.
A rexedora municipal comentou que “non queríamos pasar por alto estas datas tan sinaladas e por iso decidimos darlle ao concello un pequeno toque de Nadal para ver si así a xente se anima a facer as súas compras no comercio local”.
Ademais no portalón de entrada á Casa do Concello está montado o tradicional belén e Emma Álvarez agradeceu a Tarsila “a súa colaboración altruísta na colocación do nacemento”.