O CONCELLO REPARTIU LAZOS ROSAS NOS ESTABLECEMENTOS DA VILA CON MOTIVO DO DÍA MUNDIAL CONTRA O CANCRO DE MAMA

O Concello de Lourenzá repartiu lazos rosas nos establecementos da vila con motivo da conmemoración do Día Mundial Contra o Cancro de Mama.

A concelleira de Servizos Sociais, Mercedes Dengra, explicou que “o Concello de Lourenzá solidarizase no Día Mundial Contra o Cancro de Mama e repartiu para hoxe lazos rosas por todos os establecementos da vila para que todas as portas dos comercios de Lourenzá amencesen hoxe cun lazo rosa pendurado. Con esta iniciativa o que buscamos é mostrar o noso apoio a todas as mulleres que sofren esa enfermidade. Trátase de concienciar á sociedade en xeral, e ós veciños de Lourenzá en concreto, do importante que ė nestes casos un xesto de cariño ou unha palabra de ánimo”.

E a alcaldesa, Rocío López, felicita “aos comerciantes e a todos os laurentinos en xeral pola súa predisposición e colaboración con esta campaña”.

O CONCELLO REPARTIU LAZOS ROSAS NOS ESTABLECEMENTOS DA VILA CON MOTIVO DO DÍA MUNDIAL CONTRA O CANCRO DE MAMA