O Concello tramita as solicitudes para participar nos campamentos de verán da Xunta de Galicia, segundo deu a coñecer no día de hoxe a concelleira de Educación, Lupez Flórez. Os beneficiarios son os rapaces e rapazas con idades comprendidas entre os 9 e os 17 anos.
A edil popular explicou que “desde a Oficina Municipal de Información Xuvenil de Lourenzá tramítanse desde hoxe as solicitudes para aqueles rapaces que queiran participar na convocatoria dos Campamentos de Verán, que organiza como cada ano a Xunta de Galicia desde a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado”.
Lupe Flórez indicou que “os beneficiarios son todos aqueles rapaces e rapazas cuxas idades oscilen entre os 9 e os 17 anos, e os interesados en acudir poden achegarse á OMIX de Lourenzá, situada na Biblioteca Municipal, en horario de 17 a 20 horas. O prazo de presentación de solicitudes remata o 7 de abril. Este trámite pódeselles facer por parte do persoal que atende a OMIX”.