Pablo Javier Sordo Rocha, máis coñecido no mundo futbolístico por Pachicho debutou nin máis nin menos que nunha proba de Trail o pasado domingo na Fonsagrada con varios compañeiros do clube.
Pachi, que foi un dos xogadores máis emblemáticos e con máis calidade nas últimas temporadas coas E.D. Lourenzá(aínda que as lesións lle xogaron unha mala pasada); segue sendo un polifacético deportista e, ademáis de incorporarse como directivo das Escolas empeza a dar os seus primeiros pasos no mundo do running.
O pasado domingo conseguiu impresionarnos co seu gran debut:realizou a súa primeira carreira de montaña e con tan só dous días de entreno nun tempazo de 2 horas 10 minutos colocándose no posto 13 da xeral na distancia de 19km. GRANDE!!!
RESULTADOS DO EQUIPO:
19 km:
PACHI- Posto 12 masculino (2h 10' 34'')
JUAN- Posto 22 (2h 26' 04'')
MARISA- Posto 6 feminino (2h 46' 08'')
LOLI- Posto 11 (3h 02' 49'')
31 Km: MARCOS- Posto 4º da xeral (3h 33' 14'')