O INSTITUTO GALEGO DE VIVENDA E SOLO ENTREGOU HOXE A ÚLTIMA VIVENDA DO PROGRAMA DE ALUGUERES PARA XENTE MOZA QUE QUEDABA LIBRE NO MUNICIPIO

Lourenzá, 12 de xullo de 2013. O Instituto Galego de Vivenda e Solo entregou hoxe na Casa do Concello de Lourenzá a última vivenda que quedaba por arrendar no municipio dentro do programa de alugueres para xente moza.

O edificio, segundo explica a alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez Chao, sitúase “na rúa Montero Villegas, número 25, e trátase do primeiro A, un piso de 70 metros cadrados. Por el terán que pagar un aluguer de 139,28 euros ó mes e a persoa á que lle tocou esta vivenda foi Pedro Irimia Franco, un rapaz que desta maneira poderá independizarse”.

A rexedora informou que “ó acto de entrega estaba previsto que viñera Mar Gómez Pardo, que é a xefa de área do Instituto Galego de Vivenda e Solo, pero por motivos de saúde non puido estar e no seu lugar asistiron o xefe de sección de Patrimonio e o xefe do servizo xurídico-administrativo, ámbolos dous de dito Instituto”.

Esta vivenda estaba sen alugar porque as dúas persoas que resultaran adxudicatarias da mesma anteriormente renunciaron a ela.

concello lourenza