O LIBRO 'FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO, UN LOITADOR POLA IDEA DE GALICIA', DE MALORES VILLANUEVA, SERÁ PRESENTADO NO PAZO DE TOVAR ESTE SÁBADO

O libro titulado Francisco Fernández del Riego, un loitador pola idea de Galicia, escrito por Malores Villanueva Gesteira, será presentado no Pazo de Tovar este sábado, 4 de febreiro, ás 18:00 horas.

Ademais da autora da publicación, no acto participarán a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, e Xosé Luis Fernández Rivera, membro da Mesa Coordinadora Don Paco.

Esta presentación está organizada polo Concello de Lourenzá, a Mesa Coordinadora Don Paco e Editorial Galaxia.