O libro titulado Vinte obras de teatro afeccionado, escrito por Pepe Peinó, será presentado o día 6 de maio, sábado, ás oito da tarde no salón de actos do Concello de Lourenzá.
Este evento, organizado pola Concellería de Cultura, contará coas intervencións de Pepe Peinó e de Antonio Jesús Lorenzo Cachín. Durante a presentación representarase un fragmento da obra Non volvas, Salustio, non volvas, que será interpretada por Antonio Jesús Lorenzo Cachín, Juan García e o propio autor. A continuación poderanse mercar exemplares do libro e o autor asinaraos.