As balas invadiron literalmente o Cantón no día de onte. Acostumados a discorrer a velocidade de vértigo, onte fixeron unha parada para fotografiarse co principal patrocinador Maderas Barcia.
Estiveron presentes presidindo o acto a nosa alcaldesa Dª. Rocío López e o noso presi D. Pablo Maseda así como Javier Barcia, patrocinador da sección.
Dentro das novedades, destacar as incorporacións no plano técnico de Olga Vicente e Juan Méndez. Olga Vicente traballará a especialidade de vallas (foi atleta especialista nesta disciplina a nivel nacional) e Juan L. Méndez(atleta do Atletismo Lourenzá e ciclista) será o máximo responsable da sección de duatlon e axudará tamén en atletismo na especialidade de fondo e medio fondo.
Continúan da temporada pasada Siro Maseda(medio fondo) Ismael Vallines(lanzamentos) e Rubén G. Piñeiroa(saltos). Esta directiva quere agradecer públicamente o traballo destes últimos anos de Martín Pardiñas na sección e que a deixa momentáneamente por motivos laborables.
A finais de setembro a sección pechará os equipos de competición para esta vindeira temporada, polo que se algún nen@ da comarca quere incorporarse debe comunicalo canto antes ó correo escolaslourenza@gmail.com ou ver enviar a ficha de inscripción (http://www.tfaforms.com/346818).