O Mago Antón ofrecerá 5 actuacións este venres, día 24, no seu auditorio móbil, que estará instalado na Praza César Chavarría, de Vilanova de Lourenzá.
As funcións serán a estas horas: 13:00, 18:00, 19:00, 20:00 e 21:00. En cada sesión hai capacidade para unhas 70 persoas e a entrada é gratuíta.
Esta actividade encádrase dentro do programa Cultura no Camiño, que pon en marcha a Xunta de Galicia a través do AGADIC. A Concellería de Cultura laurentina anima a asistir a este espectáculo e a gozar dunha tarde de ocio e maxia da man do Mago Antón.