O MERCADO COMARCAL GANDEIRO ACOLLERÁ UN CIRCUÍTO DE EDUCACIÓN VIARIA ESTE VENRES, DÍA 9. ESTÁ ACTIVIDADE GRATUÍTA ORGANIZADA POLO CONCELLO ESTÁ DIRIXIDA A NEN@S E RAPACES DE 3 A 16 ANOS

O mercado comarcal gandeiro de Lourenzá acollerá un circuíto de educación viaria este venres, día 9, de seis a oito da tarde. Esta actividade gratuíta organizada polo Concello está dirixida a nenos, nenas, rapaces e rapazas de 3 a 16 anos de idade.

Os interesados en participar deben apuntarse na biblioteca municipal e o prazo remata mañá, xoves, día 8.

O concelleiro de Xuventude, Francisco Dasilva, destaca a importancia que teñen as actividades deste tipo e explica que “en circuítos deste tipo os nenos e nenas asumen o papel de peóns, de pasaxeiros e de condutores e aprenden normas de comportamento responsable relacionadas coa educación viaria. Non esquezamos que os nenos e nenas de hoxe serán os adultos de mañá e por tanto é fundamental promover comportamentos e actitudes responsables e cívicas dos máis pequenos en relación co tráfico”.

O MERCADO COMARCAL GANDEIRO ACOLLERÁ UN CIRCUÍTO DE EDUCACIÓN VIARIA ESTE VENRES, DÍA 9. ESTÁ ACTIVIDADE GRATUÍTA ORGANIZADA POLO CONCELLO ESTÁ DIRIXIDA A NEN@S E RAPACES DE 3 A 16 ANOS