Lourenzá, 25 de novembro de 2014. O mural para deixar as pegadas malvas en repulsa á violencia de xénero, que o Concello de Lourenzá ía instalar na praza do Conde Santo, foi trasladado ás dependencias do colexio Juan Rey debido á chuvia. Un fragmento dese mural será instalado ás dependencias dos Servizos Sociais municipais, que están no Torreón dos Frades.
Ademais, dentro das actividades organizadas para conmemorar o 25 de novembro, baixo o lema Frea a violencia de xénero, no salón de actos da Casa do Concello houbo esta tarde unha charla a cargo da avogada do Centro de Información ás Mulleres para os municipios de Mondoñedo, Abadín e Lourenzá, Fátima Rodríguez Moreda.