O pasado sábado tivo lugar no mercado de Lourenzá a cea baile para conmemorar o X aniversario da nova era do equipo de fútbol sénior das ED. Lourenzá.
O xantar consistíu nun fabuloso cocido que degustaron os 300 comensais que asisitiron. Como colofón, proxectouse un vídeo que retrocedía ós orixes do Atleti Lourenzá pasando polas diferentes temporadas ata a actualidade, incluindo ademáis entrevistas ós técnicos da nova era Cristóbal Vega, Segundo López e J. Manuel Teijeiro. Ademáis, houbo unha exposición dos 60 anos de historia do fútbol de Lourenzá; onde o público asistente quedou gratamente sorprendido.
Ademáis, recibiron unha placa conmemorativa os delegados do equipo de 1ª autonómica nestes 10 anos Juan Carlos Terrón e José Rodríguez.