O pleno do Concello de Lourenzá, na sesión celebrada na noite de onte, xoves, aprobou cos votos favorables do equipo de goberno, do PSOE, e os votos en contra dos concelleiros da oposición (PP e BNG), o orzamento municipal para este ano 2019, que ascende a 2.345.000 euros.
Neste mesmo pleno aprobouse por unanimidade a moción presentada pola Plataforma na Defensa da Sanidade Pública, na que, entre outras cousas, se insta á Xunta de Galicia a dar cobertura estable, continuada e desde o primeiro día das baixas que se produzan na praza de pediatría para os concellos de Lourenzá, Mondoñedo e Barreiros. Esta moción vai acompañada dun escrito de apoio asinado por máis de 700 veciños do municipio.