Lourenzá, 6 de maio de 2022. A campaña Coidados porta a porta, da Xunta de Galicia, estará no recinto feiral de Lourenzá os días 13, 16, 18 e 19 de maio de 9:00 a 20:00 horas. E o venres 13 ás 17:00 horas haberá unha charla informativa sobre esta iniciativa no salón de actos do Concello.
Esta campaña leva servizos asistenciais, como estimulación da memoria, podoloxía ou audioloxía, ás persoas maiores no rural para a prevención da dependencia.
Os interesados poden obter máis información e solicitar cita previa no teléfono 622.748.283 ou no correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal.