O SALÓN DE ACTOS DA CASA DO CONCELLO ACOLLERÁ MAÑÁ, MÉRCORES, ÁS 20:30 HORAS UNHA CHARLA SOBRE PREVENCIÓN E MELLORA DA SEGURIDADE DOS MAIORES

Lourenzá, 22 de outubro de 2013. O salón de actos da Casa do Concello de Lourenzá acollerá mañá, mércores, ás oito e media da tarde unha charla sobre prevención e mellora da seguridade dos maiores.

Este acto está organizado polo Concello e a alcaldesa, Emma Álvarez Chao, explicou que “é unha charla que será impartida por membros da Dirección Xeral da Policía e da Garda Civil na que se vai tratar o plan maior de seguridade. Vai encamiñada principalmente ás persoas maiores pero será de interese para todos, xa que se falará de timos, roubos e outros temas que teñen que ver coa prevención e mellora da seguridade dos nosos maiores e todos os cidadáns en xeral”.