O SALÓN DE ACTOS DA CASA DO CONCELLO ACOLLERÁ UNHA CHARLA SOBRE AXUDAS PARA INVESTIMENTOS EN EXPLOTACIÓNS AGRÍCOLAS. SERÁ O VINDEIRO LUNS ÁS 16 HORAS

O Concello de Lourenzá organiza unha charla informativa sobre as axudas para os investimentos nas explotacións agrícolas convocadas para este ano 2016. Será impartida por José Manuel Fernández Fente, xefe de área dos servizos agrarios da Mariña, e terá lugar no salón de actos da Casa do Concello o vindeiro luns, 22 de febreiro, ás 16 horas.

Para anunciar esta charla fíxose público un bando da alcaldesa, Rocío López García, que explica que “este programa comprende axudas para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, para a creación de empresas por parte de agricultores mozos e á creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións”.

A rexedora municipal anima “a tódolos veciños a asistir e participar nesta convocatoria e a informarse de tódalas cuestións que abarca este programa de subvencións” e engade que “é fundamental apostar polo futuro do noso rural, que posúe unha inmensa riqueza en recursos. Por iso a inversión no emprendemento e a incorporación dos xoves a actividade agraria é unha cuestión pola que debemos mirar. Só así conseguiremos que o noso rural evolucione e mellore así a calidade de vida da súa poboación”.

Descargar bando en PDF