O salón de actos do Concello de Lourenzá acolleu unha conferencia sobre nutrición deportiva a cargo da atleta Carolina García, que foi campioa do mundo na categoría W35 en 200 metros aire libre no ano 2016 e conseguiu moitos títulos máis na súa carreira deportiva.
No acto, que foi presidido polo concelleiro de Deportes, Francisco Dasilva, a atleta fixo un breve percorrido pola súa traxectoria como deportista e salientou a importancia que ten unha boa alimentación sobre todo para a xente que practica algún deporte.
O edil de Deportes obsequiou a Carolina García cunha figura co escudo do Concello de Lourenzá e fabas doadas pola cooperativa Terras da Mariña.