O SALÓN DE ACTOS MUNICIPAL ACOLLERÁ O VENRES A PROXECCIÓN DUNHA PELÍCULA DE PEPE PEINÓ E O DOMINGO HABERÁ UNHA REPRESENTACIÓN TEATRAL DA COMPAÑÍA TRÍPODE

O salón de actos da Casa do Concello acollerá o venres a proxección dunha película de Pepe Peinó e o domingo haberá unha representación teatral a cargo da compañía Trípode. Son actos organizados pola Concellería de Cultura.

A concelleira Lupe Flórez Seivane explicou que “queremos despedir este mes de abril o vindeiro fin de semana cunha programación que inclúe unha proxección de cine e unha obra teatral. Trátase da proxección da película Tristeza na herba, dirixida e con guión de Pepe Peinó, que é unha persoa moi coñecida no mundo cultural da Mariña e que soe colaborar con nós cada vez que se lle pide. De maneira altruísta tamén nos trae a proxección da súa película recentemente estreada. Será este venres, 24 de abril, ás nove da noite no salón de actos con entrada gratuíta”.

Lupe Flórez engadiu que “o domingo, 26 de abril, vamos ter á compañía Trípode, composta por Alberto Niñe, Pepe Peinó e Cachín, co espectáculo Apedreando. Será ás oito e media da tarde no salón de actos cun prezo de 2 euros a entrada. Sabemos que as representacións teatrais teñen moito éxito aquí, en Lourenzá, polo que convidamos a todos os nosos veciños a asistir a esta que organizamos para despedir o mes de abril”.