O SALÓN DE ACTOS MUNICIPAL ACOLLERÁ UNHA REUNIÓN INFORMATIVA SOBRE A INSPECCIÓN TÉCNICA DE EQUIPOS DE APLICACIÓN DE PRODUTOS FITOSANITARIOS O DÍA 4 DE XULLO

O salón de actos da Casa do Concello de Lourenzá acollerá unha reunión informativa sobre a inspección técnica de equipos de aplicación de produtos fitosanitarios o día 4 de xullo, luns, ás 21 horas.

Desde o Concello de Lourenzá explican que “os equipos de aplicación de produtos fitosanitarios (pulverizadores, carretillas, atomizadores,...) de máis de 100 litros e que teñan máis de 5 anos de antigüidade están obrigados a pasar unha inspección ITEAF antes do 15 de novembro deste ano 2016. Por iso dende o Concello de Lourenzá imos impartir unha charla informativa o día 4 de xullo de 2016 ás 21:00 horas no salón de actos do Concello, para que a xente poida informarse e preguntar tódalas dúbidas ao respecto, dado que hai moita desinformación sobre este tema ao ser algo que hai que facer por primeira vez. O Concello de Lourenzá tamén instalará un punto de Inspección Técnica de Equipos de Aplicación de Fitosanitarios o día 15 de xullo no recinto feiral de Lourenzá para a cal xa se pode solicitar cita previa a través de: http://www.nagarservicios.com/iteaf/iteaf-particulares/”.

 

O SALÓN DE ACTOS MUNICIPAL ACOLLERÁ UNHA REUNIÓN INFORMATIVA SOBRE A INSPECCIÓN TÉCNICA DE EQUIPOS DE APLICACIÓN DE PRODUTOS FITOSANITARIOS O DÍA 4 DE XULLO