Lourenzá, 20 de decembro de 2012. A alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez, saiu moi satisfeita da xuntanza que mantivo esta tarde en Santiago co secretario xeral de Medio Rural e Montes. Tomás Fernández-Couto amosóuse moi interesado no proxecto de creación dunha cooperativa comercializadora para a faba de Lourenzá.
Álvarez Chao explicou que “o motivo principal da reunión de hoxe co secretario xeral de Medio Rural e Montes foi falar da comercialización da faba de Lourenzá e tamén da problemática que está a ter a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá para facer fronte aos custos de certificación que ten que aboar anualmente ao Ingacal, que é o órgano que certifica a calidade”.
A rexedora proúxolle ao secretario xeral “unha idea que desde o ano 2007 está rondando na miña cabeza, desde o momento no que tomei posesión coma concelleira de Medio Rural en Lourenzá, que é a creación dunha cooperativa comercializadora de faba de Lourenzá. Planteeille varias opcións e incluso lle trouxen un estudio de viabilidade que o Concello fixo en 2010. Afortunadamente coincidimos os dous en que o sector produtor só consigue ter presencia no mercado a través da comercialización conxunta, que é o único que fai que o produto se consolide no mercado, que manteña o prezo e que acade o seu recoñecemento”.
Emma Álvarez dixo saír moi satisfeita do encontro e de que a Tomás Fernández-Couto lle resultara interesante a posta en marcha dunha cooperativa de comercialización de faba en Lourenzá: “él brindoume todo o seu apoio para facerlles chegar esta proposta ás Consellerías de Medio Rural e Traballo co obxectivo de desenvolver esta idea que lle quedou por escrito ao secretario xeral de Medio Rural e Montes”.
A creación desta cooperativa tería que desenvolverse conxuntamente por parte de Medio Rural e Traballo.