Lourenzá, 1 de xullo de 2013. O técnico de Deportes do Concello de Lourenzá quedou subcampión na categoría de veteranos da décimo primeira edición da carreira popular de Medal, no municipio asturiano de Coaña.
Nesta proba a sección de atletismo das Escolas Deportivas de Lourenzá e Mondoñedo conseguiu grandes resultados, xa que os seus representantes lograron unha decena de medallas
A carreira, organizada pola Sociedad Deportiva Medal, celebrouse o pasado sábado, 29 de xuño.