O USO DA PISTA DE PÁDEL MUNICIPAL COMEZA A ESTAR REGULADO A PARTIR DO VINDEIRO LUNS, DÍA 10. HABERÁ QUE FACER A RESERVA NAS OFICINAS DO CONCELLO E PAGAR UNHA TAXA DE 4 EUROS POR UNHA HORA E MEDIA.

Lourenzá, 6 de outubro de 2016. O uso da pista de pádel do Concello de Lourenzá comezará a estar regulado a partir do vindeiro luns, día 10, polo que para utilizala haberá que facer a reserva nas oficinas municipais e pagar unha taxa de 4 euros por unha hora e media.

O concelleiro de Deportes, Francisco Dasilva, anunciou hoxe que “a partir do próximo luns, día 10, a utilización da pista de pádel situada no campo de fútbol de Santa Cruz pasa a estar regulada. A reserva da pista farase nas oficinas municipais aboando unha taxa de 4 euros por un tempo de unha hora e media de xogo. O Concello poderá determinar o uso da pista de pádel en determinados momentos ou horarios por razón de interese público. Para máis información todo aquel interesado pode dirixirse ás oficinas municipais ou chamar ao teléfono 982.12.10.06”.

Francisco Dasilva explica que “é primordial velar por un bo uso  e unha correcta utilización das instalacións deportivas  municipais,  non só de cara o bo funcionamento das mesmas senón tamén para garantir o seu mantemento en boas condicións. A mellora da calidade do servizo aos usuarios pasa por ter unhas instalacións en condicións óptimas e en perfecto estado de conservación e funcionamento; e esa tarefa é cousa de todos”.