Os Reis Magos chegarán a Lourenzá o vindeiro martes, 5 de xaneiro, e recibirán aos nenos e nenas do municipio.
“Seguindo as normas anti-covid, este ano a Cabalgata dos Reis non percorrerá as rúas de Lourenzá e o Concello decidiu que as Maxestades de Oriente recibirán aos nenos e nenas nos baixos do Concello de 5 a 7 da tarde. Tomaranse todas as medidas hixiénicas e de distancia para que a visita sexa o máis segura posible”, explica o concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron.