Ten unha duración de 3 minutos e medio aínda que tamén teremos unha versión corta de 1 minuto e medio así como unha versión instrumental. No mesmo lémbrase o ano de fundación do clube así como se mencionan ó longo do mesmo as distintas seccións deportivas que compoñen as Escolas.
A partir do 18 de xuño e unha vez sexa presentado aloxarase nas distintas redes sociais do clube para que poda ser descargado por todos os socios simpatizantes e público en xeral.