O Vindeiro sábado as Escolas de Lourenzá e Mondoñedo clausuran o ano deportivo en curso. Será ás 22:00 horas no Pavillón Viñas da Veiga.
Enviamos foto de presentación do evento: na que figuran:
- Elena Candia, alcaldesa do Concello de Mondoñedo e nova Presidenta da Excma. Deputación Provincial.
- Rocío López, Alcaldesa do Concello de Lourenzá Lourenzá
- Manuel Tapia, Concelleiro de Deportes do Concello de Mondoñedo
- Francisco Rivas, Concelleiro de Deportes do Concello de Mondoñedo.
- Pablo Maseda, Presidente das E.d. Lourenzá.
- Alberto Otero, Secretario do Mondoñedo C.F.
- E os técnicos de deportes Raúl Glez (Mondoñedo) e Rubén G. Piñeiroa (Lourenzá)
PROGRAMA:
SÁBADO, DÍA 27 DE XUÑO:
22,00 horas:
PAVILLÓN DE MONDOÑEDO
Cea de confraternidade para todos os alumn@s das Escolas Deportivas Lourenzá Mondoñedo.
O resto do público que queira acudir terán entradas á súa disposición á venta ata o Mércores 24 de xuño. Ticket Adulto (10 euros), Ticket Infantil (5 euros).
ENTRADAS VENTA LOURENZÁ: MORRIGAN, ANA SPORT.
ENTRADAS VENTA MONDOÑEDO: O RINCÓN, LA ALIANZA, A FONTE VELLA
23,00 horas:
PAVILLÓN DE MONDOÑEDO
CLAUSURA OFICIAL. Entrega de premios e regalos. Acto de clausura OFICIAL.
A partir das 23,30 horas:
Actuación de Discomóvil.