O XURADO DO I CERTAME DE TEATRO CONCELLO DE LOURENZÁ DEU A COÑECER OS NOMINADOS QUE OPTAN AOS PREMIOS QUE SERÁN ENTREGADOS NA GALA DESTE DOMINGO, 3 DE DECEMBRO

O xurado da primeira edición do certame de teatro Concello de Lourenzá deu a coñecer a relación de nominados que optan aos premios que serán entregados na gala que se celebrará este domingo, día 3 de decembro, ás 19 horas.

Ao premio Conde Santo á mellor representación optan: Sen seu amor, de A Adala (Fazouro); Las entretenidas, de Andanzas (Viveiro); e Enciclopedia Álvarez, de Ollomao (Barreiros).

Para o premio Lourenzo ao mellor actor os nominados son: Juan de Culán, de Ollomao (Barreiros); Antonio Lorenzo (Cachín), de AV de Lagoa (Alfoz); e Noé Recalde, de Os Trangalleiros (Lourenzá).

Ao premio Ana á mellor actriz optan: Marisa Freire, de Ollomao (Barreiros); María Insua, de Andanzas (Viveiro); e Luzma Martínez, de AC Juan M. Méndez (El Franco).

Para o premio ao mellor actor de reparto están nominados: Juan Pascual, de Andanzas (Viveiro); Javier Rouco, de A Adala (Fazouro); e Marcos Bravo, de Airiños (Rianxo).

Ao premio á mellor actriz de reparto optan: Luisa Oroza, de A Adala (Fazouro); Blanca García, de Andanzas (Viveiro); e Carmela Bravo, de Airiños (Rianxo).

Para o premio á mellor posta en escena os nominados son: Enciclopedia Álvarez, de Ollomao (Barreiros); Mass-Comedias, de Airiños (Rianxo); e Sen seu amor, de A Adala (Fazouro).

Na gala coa que se clausurará este certame de teatro actuará o actor Candido Pazó, que representará a obra Que comerá o rei?.