O XURADO DO IV CERTAME DE TEATRO CONCELLO DE LOURENZÁ DEU A COÑECER OS NOMINADOS QUE OPTAN AOS PREMIOS

Reunido o xurado do IV Certame de Teatro Concello de Lourenzá deu a coñecer os nominados aos premios das distintas categorías.

Os elixidos son estes:

Para o premio Conde Santo á mellor representación (dotado con 750 euros  e trofeo): Catre Teatro, de As Pontes, coa obra Fátum; Ollomao, de Barreiros, coa obra O documento; e Os Palimoquiños, de Lugo, coa obra E se todo se reducise ao amor.
Para o premio Lourenzo ao mellor actor (dotado con trofeo): Dani García, de Ollomao, de Barreiros; Xacobe Martínez, de Os Palimoquiños, de Lugo; e Xulio Leal, de Avelaíña, de Pontevedra
Para o premio Ana á mellor actriz (dotado con trofeo): Carolina Díguele, de Catre Teatro, de As Pontes; Luisa Oroza, de Adala Teatro, de Fazouro (Foz); e Miriam Bouso, de Ollomao, de Barreiros.
Para o premio á mellor posta en escena (dotado con trofeo): Catre Teatro, de As Pontes, por Fátum; Ollomao, de Barreiros, por O documento; e
Os Palimoquiños, de Lugo, por E se todo se reducise ao amor.
Para o premio ao mellor actor de reparto (dotado con trofeo): Juan Rodríguez, de Ollomao, de Barreiros; José Miguel Lamigueiro, de Catre Teatro, de As Pontes; e Ramón Ángel Ares, de Ollomao, de Barreiros
Para o premio á mellor actriz de reparto (dotado con trofeo): Noelia López, de Ollomao, de Barreiros; 3 Nornas (María José Alonso, Dolores Alonso e Carolina Díguele), de Catre Teatro, de As Pontes; e Olga Chamoso, de Quemaistén Teatro, de As Pontes.
Para o premio especial do público (dotado con trofeo) as tres representacións máis votadas polo público son as de Adala Teatro, de Fazouro, por Vivan os noivos; O Centiño, de San Martiño, por A morte morrida; e Ollomao, de Barreiros, por O documento.

O xurado estivo presidido polo concelleiro de Cultura, Manuel Arango, e formado por Fina González, Miguel Gavín, María Cruz Valea, Javier Huertas e María José López, que actuou como secretaria.

A entrega de premios terá lugar na gala que se celebrará o próximo 17 de decembro ás 20 horas no Multiusos Ponte de Cuñas. Neste evento representarase a obra Poeta en Nova York, de Teatro Baixo da Area, para o que o Concello de Lourenzá conta coa colaboración da Deputación Provincial de Lugo.