A Concellería de Cultura do Concello de Lourenzá presenta unha nova actuación teatral no municipio para o vindeiro sábado 22 de novembro. Este día a partir das 8 da tarde o Grupo de Teatro de Ribadeo interpretará, no Salón de Actos da Casa do Concello, a súa obra Os Putativos. A actividade forma parte do proxecto Buxiganga, unha iniciativa cultural posta en marcha pola Área de Cultura da Deputación de Lugo. O custe da entrada terá un prezo de 1 euro por asistente.
A concelleira de Cultura de Lourenzá, Lupe Flórez Seivane, anunciou “a próxima sesión que se enmarca dentro dos circuítos teatrais 2014 e máis concretamente dentro do proxecto teatral Buxiganga, que a través da Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo chega ao noso concello un ano máis. Este sábado pasado xa tivemos a actuación do grupo Árdora, de Cervo, cun gran éxito de público que esperamos repetir o vindeiro sábado 22 de novembro. Nesta ocasión acompañaranos a compañía Grupo de Teatro de Ribadeo, que nos van a interpretar a obra Os Putativos. Será ás 8 da tarde no Salón de Actos da Casa do Concello”.